Axudas Carballo Luz

Carballo aproba axudas para pagar a luz

O Concello de Carballo aproba a concesión de axudas para pagar as facturas da luz.

A Xunta de Goberno Local aprobou na sesión ordinaria a concesión de axudas para o pagamento do subministro enerxético a 93 familias do concello de Carballo. Só foron rexeitadas 3 solicitudes, dúas delas porque se presentaron fóra de prazo e a terceira, por non cumprir cos requisitos establecidos.

As subvencións van destinadas a persoas maiores 18 anos ou menores emancipadas empadroadas no concello de Carballo e que cumpran algunha das seguintes condicións:

  • Ser beneficiarias do bono social das diferentes comercializadoras de electricidade.
  • Recibir durante o ano 2021, polo menos durante seis meses, osixenoterapia domiciliaria.
  • Recibir durante o ano 2021, polo menos durante seis meses, tratamento de diálise peritoneal domiciliaria.

Con esta medida, impulsada dende a Concellaría de Igualdade e Benestar, dende o Concello de Carballo preténdese axudar ás veciñas e veciños con máis dificultades para facer fronte ás facturas da luz. Cada unha das 93 familias beneficiarias recibirá nas vindeiras semanas unha axuda de 200 euros nun pago único, correspondente á anualidade 2021.

Complemento autonómico

As subvencións do Concello de Carballo son compatibles ademais con outras liñas de axuda. Precisamente a Consellería de Política Social tamén vén de publicar as resolucións de concesión directa de axudas destinadas a paliar a pobreza enerxética correspondentes ao bono social térmico do ano 2021. Neste caso, Xunta de Galicia achega un complemento de 100 euros a cada familia beneficiaria.

A relación de persoas beneficiarias pode consultarse no apartado da web adicado ao bono, onde consta unicamente o DNI, o importe que lle corresponde e se a documentación está completa ou é necesario que achegue algún tipo de información complementaria. Indícase así mesmo a posibilidade de actualizar información ou renunciar ás axudas. Esta mesma información remítese de xeito individualizado por carta a cada persoa perceptora.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *