sexo carballo

Sexo e a sexualidade temas tabú

O sexo e a sexualidade seguen a ser un tema bastante tabú, e pouco abordado. Nestes momentos, a principal fonte de información para a rapazada está na internet e nas redes sociais, a través de contido moitas veces inadecuado e cun cariz machista moi importante”, explica a concelleira de Mocidade do concello de Carballo, Maruxa Suárez.

Por este motivo, a concellaría de Mocidade de Carballo impulsa unha campaña de educación sexual en colaboración cos institutos de Secundaria do municipio.

Deste xeito, a proposta parte despois dun traballo de recompilación de información entre a poboación adolescente, profesionais do ensino e da medicina, pais e nais. A concelleira comenta que «puidemos extraer as seguintes conclusións: “O sexo e a sexualidade seguen a ser un tema bastante tabú, e pouco abordado. Nestes momentos, a principal fonte de información para a rapazada está na internet e nas redes sociais, a través de contido moitas veces inadecuado e cun cariz machista moi importante”.

Neste sentido mostra a preocupación do goberno municipal “porque ese machismo está totalmente ligado ao desenvolvemento da sexualidade, e vemos que as violencias machistas son un gran problema. A xuventude precisa afondar no tema das violencias machistas para ser máis conscientes delas e aprender a detectalas”.

Pornografía

Tamén se detectaron outros sinais de alarma, como o acceso á pornografía a idades cada vez máis temperás ou o rexeitamento á utilización de métodos de protección fronte ás enfermidades de transmisión sexual ou dos embarazos non desexados, que moitas veces se traducen nun abuso da chamada píldora do día despois.

Por outro lado, coa intención de comprobar ata que punto estas preocupacións tiñan unha base real na contorna, dende o Concello de Carballo contactouse co equipo de Hadriana Ordóñez, psicóloga clínica especialista en sexoloxía, e no mes de decembro realizouse untraballo preliminar cos equipos de orientación dos institutosque continuou cunha fase de investigación nas aulas.

Posto informativo

O venres 11 de febreiro, o Concello instalará un posto informativo na zona de ocio nocturno no que, ademais de asesorar e atender aos mozos e mozas que o precisen, realizarase un reparto masivo dun pack que inclúe un preservativo, unha toalliña hixiénica e un pequeno folleto coas razóns básicas para, no caso de decidir ter sexo, usar condón. Ademais desde o Concello apuntan que segundo un informe de Save the children, o 46,1% de adolescentes non usa sempre métodos de protección, e o 13,7% non o fai nunca ou case nunca.

Outros datos preocupantes que apunta o informe son que o 62,5% de adolescentes entre 13 e 17 anos viron pornografía; que o 53,8% fíxoo antes dos 13 anos; ou que ese consumo de pornografía inflúe nas relacións sexuais de máis da metade.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *