VIII Xornadas de Saúde Emocional na Infancia e Adolescencia

Os vindeiros 13-14 de Maio ASEIA celebrará as VIII Xornadas de Saúde Emocional na Infancia e a Adolescencia baixo o título «O futuro da saúde emocional na infancia e adolescencia»

Para facilitar o seguimento e participación nas xornadas mantendranse a modalidade presencial e virtual. O programa está dirixido tanto a profesionais do eido da clínica, da educación e do social que traballan con infancia e adolescencia, asi como a nais, país e adolescentes.

O evento terá prazas limitadas, no que haberá un prazo de inscripción reducida.

Contarase un ano máis con relatores entre os que destacamos:

– Eurídice Cabañes. Doutora en Filosofía da tecnoloxía. Codirectora de Arsgames.

– Oriol Rosell. Docente e investigador independente especializado en subculturas xuvenís.

– Jerónimo Bellido Pérez: Psicólogo Clínico, Sociólogo e Director do Instituto Wilhelm Reich-Europa. Psicoterapeuta de orientación Reichiana. Vexetoterapeuta.

– Nuria Tría. Doutora en Antropoloxía Social. Autora do libro «Etnografía de la hiperactividad».

– Jesica Rodríguez Czaplicki. Psicóloga Sanitaria especializada en Psicoloxía Perinatal. Presidenta da Asociación Española de Psicología Perinatal.

– Representantes de AGAMPI (Asociación Galega de Mestras e Mestres pola Inclusión)

– Ricardo Fandiño Pascual. Psicólogo Clínico. Doutor pola Universidade de Vigo. Profesor colaborador da UOC. Co-autor do libro «Ser adolescente en la modernidad ¿transición o destino?”

– Vanessa Rodríguez Pousada. Psicóloga, Psicopedagoga e Sexóloga. Profesora colaboradora na UOC. Co-autora do libro «Ser adolescente en la modernidad ¿transición o destino?”Espérase poder contar coa vosa asistencia.

Para máis información e inscripcións podedes poñervos en contacto con aseia.xornadas@gmail.com.

VIII XORNADAS ASE (1)_page-0001.jpg

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *